Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno atrasa a "outubro ou novembro" a chegada dos trens Avril

O Goberno atrasa a "outubro ou novembro" a chegada dos trens Avril

A previsión inicial era que os Avril estivesen operativos en Galicia xa o ano pasado

Tren Avril de Renfe
G24.gal 18/05/2023 15:10

A ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, fixou para "outubro ou novembro" a chegada dos trens Avril a Galicia.

Nun acto en Ferrol, no que estivo acompañada polo alcalde e candidato do PSOE á reelección, Ángel Mato, a ministra lembrou que Talgo notificou e fixo público un atraso na entrega destes trens que inicialmente estaba previsto que entrasen en funcionamento na comunidade galega no verán do 2022.

Na súa visita a Galicia, na que participará en varios actos con candidatos do PSOE ás municipais do 28 de maio, a ministra sinalou que, segundo as últimas informacións facilitadas pola empresa, a chegada destes trens será en torno "ao mes de outubro ou novembro". "Esa é a información que temos", resolveu a titular de Transportes.

Estudo de funcionalidade

A titular de Transportes supeditou as obras a executar a un "estudo de funcionalidade das conexións ferroviarias" que determine as "actuacións necesarias" para moderar as súas "prestacións".

A ministra admitiu que o Executivo realizou nos últimos anos "estudos que non se puideron completar, amáis de manifestar co Goberno do que forma parte se comprometese a rematalos.

Avanzou tamén que as obras do porto exterior ferrolán finalizarán en 2024 para que entren en servizo no ano 2025.

Ao mesmo tempo, Sánchez indicou que o Executivo prevé un investimento de 23 millóns de euros para adecuar o acceso aos peiraos interiores da cidade, de interese xeral para o Estado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade