Cargando resultados...
Ratifican a multa a unha muller no Grove por non levar máscara
A xustiza entende que se trata dunha medida sanitaria que queda á marxe dos dous estados de alarma declarados inconstitucionais.
G24.gal
05/11/2021 18:50
O xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra ratificou unha multa por non levar máscara durante o verán de 2020
A multa de cen euros impuxéralla o Concello do Grove a unha muller que foi identificada pola Policia Municipal na Illa da Toxa. Dáse a circunstancia de que ao ser en agosto do ano pasado a sanción non está afectada pola anulación dos dous estados de alarma, xa que o primeiro rematou en xuño e o segundo comezou en outubro. Durante ese intermedio foi a Xunta de Galicia quen impuxo a obligatoriedade das máscaras.