Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reúnense na Coruña 1.200 cirurxiáns de toda España para analizar a aplicación da robótica

Reúnense na Coruña 1.200 cirurxiáns de toda España para analizar a aplicación da robótica

A tendencia é pasar da actual cirurxía laparoscópica ou minimamente invasora cara á cirurxía robótica, máis segura para o paciente

G24.gal 09/11/2021 23:12

A Coruña reúne estes días 1.200 profesionais da cirurxía de toda España que tratarán os últimos avances da robótica aplicada ao eido sanitario.

Un quirófano robotizado experimental que emprega tecnoloxía 3D. É un dos talleres que se está a impartir estes días no Centro Tecnolóxico de Formación do hospital público da Coruña. Cara ao futuro, a tendencia é pasar da actual cirurxía laparoscópica ou minimamente invasiva cara á cirurxía robótica, máis segura para o paciente.

Nas salas de simulación clínica póñense en práctica técnicas de cirurxía torácica, endócrina... Como facer que a innovación sexa non só segura para o paciente senón tamén sostible para os sistemas sanitarios é un dos temas de análise da Xuntanza Nacional de Cirurxía que se celebra na Coruña coa participación de 1.200 profesionais de toda España.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar