Cargando resultados...
Real Madrid e Manchester City afrontan unha final anticipada da Champions
Real Madrid e Manchester City afrontan unha final anticipada da Champions
Por segunda temporada consecutiva, os equipos de Ancelotti e Guardiola vense na penúltima rolda
O que gañe o duelo semella o gran favorito para facerse co título
G24.gal
08/05/2023 20:53
O Real Madrid, sen descanso tras a consecución do título da Copa do Rei esta fin de semana, xoga o martes un partido decisivo na Liga de Campións.
O Santiago Bernabéu acollerá a ida da semifinal da Champions ante o Manchester City. Carlo Ancelotti non conta con Militão, que terá que cumprir ciclo de amoestacións, nin con Ceballos e Mendy. Guardiola pola súa banda perde a Nathan Aké.
O adestrador branco admite que o maior perigo do City é o noruegués Haaland, pero que os seus traballarán para frear un equipo que semella imparable. O líder da Premier leva 20 partidos sen perder.