Publicador de contidos
Publicador de contidos

Realini gaña por un tubular e Van Vleuten ponse de líder con polémica

Realini gaña por un tubular e Van Vleuten ponse de líder con polémica

Os equipos World Tour atacaron a ata hoxe primeira clasificada Demi Vollering cando estaba facendo as súas necesidades

G24.gal 06/05/2023 15:57

"Hai unha regra non escrita no ciclismo, aproveitar que unha corredora para a facer as súas necesidades para buscar o ataque". Así o dicía na Televisión de Galicia Brais Dacal, director deportivo do equipo Farto. 

Foi o que aconteceu xusto antes do km 25 da penúltima etapa da Vuelta a España feminina. A tirada, con inicio en Castro Urdiales e final en Laredo estivo marcada polo ataque de todas as rivais de Demi Vollering nese intre concreto. Por diante formouse un grupo na que estaban todas as mellores agás Vollering que tivo que ir á contra ata o remate da etapa e perdeu máis dun minuto. 

As máis fortes nun terreo rachapernas foron a veterana Van Vleuten, gañadora das dúas últimas edicións, e Gaia Realini, unha das grandes promesas do ciclismo feminino mundial con só 22 anos. Realini, terceira na Flecha Valona ou sétima en Liexa esta temporada, acadou unha vitoria de prestixio por menos dun tubular. Van Vleuten non levou o triunfo parcial pero afrontará a última tirada vestida de vermello, camiño dos Lagos de Covadonga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar