Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reclaman actualizar o valor catastral dos terreos da AP9

Reclaman actualizar o valor catastral dos terreos da AP9

A Deputación da Coruña pide que a concesionaria pague o IBI polo valor real

Este luns liquidan o pago do terceiro trimestre de 2023 por máis dun millón de euros

G24.gal 17/03/2025 12:07

A deputación da Coruña quere actualizar o valor catastral dos terreos polos que pasa a autoestrada AP9. Reclaman que a concesionaria pague o mesmo IBI que calquera veciño. A autoestrada estaba exenta do pago do 95 % do IBI. Unha vez rematada a bonificación, só na provincia da Coruña, 21 concellos pasan a cobrar 3,7 millóns de euros fronte aos 180.000 euros que viñan ingresando.

Este mesmo luns a deputación liquida o terceiro trimestre de 2023, máis dun millón de euros, para repartir entre os municipios afectados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade