Récord de volume de negocio do leite en orixe en Galicia
Récord de volume de negocio do leite en orixe en Galicia
Por primeira vez superáronse os mil millóns de euros de valor en orixe
"De estar cobrando 35 céntimos pasamos a un prezo base de 55", comenta un gandeiro do Corgo
Os gandeiros reciben 20 céntimos máis por litro de leite que hai un ano. "De estar cobrando 35 céntimos pasamos a un prezo base de 55", comenta un gandeiro do Corgo.
A produción baixou, sobre todo polo peche de explotacións, pero a industria paga máis. Un respiro para os gandeiros despois de varios anos en que os prezos en orixe apenas daban para cubrir os custos de explotación.
"Despois dunha época producindo case a perdas con esta suba estanos compensando. Si estivésemos cos custos de produción de hai un ano sería unha marabilla", comenta o mesmo gandeiro.
Co litro por debaixo dos 30 céntimos durante moitos anos, e o incremento dos gastos en electricidade e forraxes, moitas explotacións gandeiras galegas botaron o peche. O descenso na produción é un dos factores determinantes para que o valor en orixe do leite galego superase este ano os mil millóns de euros.
"Unha cifra histórica tanto de ingresos como de gastos, porque os insumos tamén alcanzaron prezos históricos. Non quere dicir que a rendibilidade sexa superior", di o xerente de AFRICOR
Os gandeiros teñen agora a mirada posta en marzo, cando se renegocian os contratos coa industria.