Cargando resultados...
Recupéranse as cifras de transplantes de órganos previas á pandemia
Os hospitais galegos fixeron 296 transplantes o ano pasado
G24.gal
28/01/2023 15:30
2022 volveu ser un bo ano para a actividade de transplantes. As cifras aproximáronse ao récord que se acadara antes da pandemia de covid. En España fixéronse preto de 5.400 e en Galicia case 300.
Novas técnicas e avances científicos permiten salvar pacientes que antes non tiñan posibilidades de sobrevivir. Cada vez hai máis doantes, pero mantense o reto de seguir reducindo as negativas familiares a doar os órganos dos falecidos.