Recupérase a normalidade tras o paso da borrasca Juan
Recupérase a normalidade tras o paso da borrasca Juan
Rozáronse os dez graos baixo cero en moitas zonas do interior peninsular
En Soria acadáronse os 14 graos baixo cero
O peor da borrasca Juan pasou, pero as últimas sacudidas deixáronse notar este sábado no sueste da península e nas Illas Baleares, onde aínda está activo o único aviso por vento forte e ondas de tres a catro metros.
O resto dos avisos meteorolóxicos fóronse desactivando ao longo do día. Así e todo, é probable que esta noite volvan as alertas a Castela e León, Aragón, Cataluña e A Rioxa, comunidades onde é previsible que as temperaturas volvan caer de madrugada. O que seguramente non se repetirán son os 14 graos baixo cero que se acadaron en Soria.
"Somos segovianos e o frío hai que pasalo".
A neve complicou o tránsito en estradas de Castela e León e Aragón. A Unidade Militar de Emerxencias e a Garda Civil tiveron que socorrer uns seiscentos condutores de turismos e camións atrapados nas estradas.
"Xa non podiamos seguir e quedei a durmir".
"Arrinco agora e marcho, que a xente móvese".
Esta tarde quedaban afectadas polo xeo ou a neve 27 estradas secundarias, sobre todo en Castela e León e Aragón.