Publicador de contidos

Publicador de contidos

Redefinindo as cadeas de subministración, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Redefinindo as cadeas de subministración, por Venancio Salcines

Mina de Doade, en Beariz Mina de Doade, en Beariz
Venancio Salcines 26/03/2025 07:56

Galicia descobre o interese da Unión Europea pola minería, en particular por sete iniciativas españolas, das cales una de elas está en Galicia. Para algúns sorprende, para outros, non tanto. Bruxelas xa tiña avisado de que desexaba redefinir as súas cadeas de subministración.

A COVID-19 e a guerra de Ucraína deixaron claro que Europa pode colapsar se, nalgún momento, as materias primas e determinados produtos elaborados non chegan a tempo ás nosas fábricas. Polo tanto era desexable facer ou crear unha nova máxima, o que poidamos facer nós que non se faga fora.

A política arancelaria de Trump e os riscos dun conflito bélico reforzaron esta nova idea central. Por iso toca priorizar os minerais estratéxicos e, entre eles, o litio, o cobre ou o volframio, entre outros. Neste eido é onde se encontra a mina de Doade e as outras que quere impulsar Europa. Serán as únicas, non.

Previsiblemente veremos como a lista pode aumentar, e que o tema está no dito, o que poidamos extraer aquí non o traiamos de fóra.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade