OPINIÓN
Os desafíos do naval galego, por Venancio Salcines
Imposible entender Galicia sen sector naval, aporta o 3,5 % do noso PIB e xera 14.000 empregos directos, 9.000 entre Vigo e Pontevedra e 4.000 en Ferrolterra. Por iso é máis que comprensible a creación dun plan director do sector naval para os próximos dous anos.
Os desafíos do sector naval son catro: o primeiro é situarse na vangarda tecnolóxica, este é especialmente importante na industria naval vencellada á defensa. O segundo é a sostibilidade, tanto no uso de combustibles menos contaminantes como no aproveitamento do buque como residuo. O terceiro son as persoas, centrándose na capacitación do persoal actual e na captación de novo talento. O cuarto é fortalecer a nosa presenza nos mercados internacionais.
O plan director vai mobilizar máis de sesenta millóns de euros e, o que é mais importante, artellará unha estratexia conxunta de sector, baseada na colaboración público-privada, na que colaborarán os nosos estaleiros, que supoñen o 24 % das empresas relacionadas coa construción naval de España.