Publicador de contidos
Publicador de contidos

Redondela celebra a Festa da Coca coa tradicional danza das Espadas e Penlas

Redondela celebra a Festa da Coca coa tradicional danza das Espadas e Penlas

Conmemora a vitoria da xente da vila sobre o mal, representado segundo a lenda na Coca

A danza das Espadas acompaña a procesión da Virxe Gabacha, a protectora dos veciños 

As alfombras florais son un dos grandes atractivos da festa

G24.gal 08/06/2023 14:43

O xoves de Corpus Christi non se entende en Redondela sen a tradicional Festa da Coca. Unha festa que conmemora a vitoria da xente da vila sobre o mal, representado segundo a lenda na Coca, un dragón que moraba nas augas da illa de San Simón. 

Centos de persoas participaron no acto do traslado da virxe A Gabacha, a gran protectora dos veciños desde a igrexa de Vilavella ata a igrexa de Santiago de Redondela, acompañada pola vistosa danza das espadas.

Todo por riba das enormes e coloridas alfombras florais confeccionadas durante horas polos veciños.

Os que hoxe non poidan gozar desta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia, poderán facelo nunha nova recreación o domingo pola mañá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos