Publicador de contidos
Publicador de contidos

Regina Aguilar: "É un soño feito realidade"

Regina Aguilar: "É un soño feito realidade"

A xogadora máis destacada do Celta analiza o ascenso á máxima categoría

G24.gal 30/04/2023 21:05

Tras once anos na segunda categoría do baloncesto feminino español, un histórico como o Celta foi quen de regresar á elite tras proclamarse campión do playoff de ascenso disputado durante toda a fin de semana no Pavillón de Navia, na cidade olívica. A pesar de sufrir momentos malos no terceiro cuarto, o triunfo chegou finalmente e fixo estoupar de ledicia a xogadoras, adestradora e a toda a afección. Regina Aguilar era moi clara no seu sentimento

"É o premio a unha gran temporada e ao traballo de meses  e un soño feito realidade. Nuns playoff non hai que buscar motivación,a motivación sobra. Quixemos engadir o público para que nos axudasen. Os rivais son bos, que teñen xeiras boas e había que aguantar e aproveitar a nosa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos