Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rego reclama "unha cota galega" e Sánchez aposta por mellorar o financiamento desde a "singulariedade" e a "igualdade"

Rego reclama "unha cota galega" e Sánchez aposta por mellorar o financiamento desde a "singulariedade" e a "igualdade"

O presidente do Goberno di que está disposto "a dar a Galicia o trato análogo a outros territorios na condonación da débeda e a mellorar o financiamento"

G24.gal 26/06/2024 10:47

O deputado do BNG, Néstor Rego, reclamou ao Goberno que Galicia recade o cen por cento dos impostos a través dun modelo de concerto e cota como o que teñen País Vasco e Navarra e tamén pide Cataluña, ao que o xefe do Executivo, Pedro Sánchez, replicou apostando por mellorar o financiamento "respectando a singularidade e garantindo a igualdade entre todos os cidadáns, vivan onde vivan".

Durante a sesión de control ao Goberno no Congreso, o deputado do BNG preguntou a Sánchez se está disposto a "impulsar o autogoberno de Galicia coa transferencia das competencias pendentes, a condonación de débeda e un sistema de financiamento xusto".

O deputado galego referiuse ao acordo de investidura entre a súa formación e o PSOE no que falaba de aplicar en Galicia a condonación da débeda que anteriormente foi pactada con ERC. Neste punto, Sánchez sostivo que o Goberno "está disposto" a impulsar o autogoberno en Galicia", á vez que pretende dar un trato análogo a outros territorios na condonación da débeda.

En canto ás transferencias a Galicia que tamén estaban recollidas no acordo co BNG, Sánchez dixo que corresponde á Xunta solicitar o traspaso de servizos e funcións: "Os traspasos non se impoñen, senón que se negocian a pedimento da comunidade".

Iso si, lembrou que a Xunta si que solicitou xa o traspaso de ordenación e xestión do litoral, defendendo que o Goberno "reaccionou con celeridade" e comunicou a súa disposición para elaborar unha proposta de traspaso.

Por último, o xefe do Executivo proclamou que o pacto de investidura co BNG é un "acordo ambicioso". Destacou a creación de cinco xulgados de violencia de xénero, a incorporación de novos descontos nas autoestradas AP-9 e AP-53, o incremento de descontos a usuarios superrecorrentes na AP-9 e outras medidas en materia de transportes por estrada, ferroviario, dependencia, plurilingüismo ou persoas inmigrantes retornadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade