Publicador de contidos
Publicador de contidos

Remataron as vacacións para o Breogán

Remataron as vacacións para o Breogán

O equipo de Mrsic mantén tres xogadores da temporada pasada e incorpora oito novidades

Teñen a obriga de incorporar unha peza máis no proxecto

G24.gal 12/08/2022 12:11

O Breogán 22-23 bota a andar este luns. O director xeral, Tito Díaz, e o adestrador, Veljko Mrsic, aproveitaron para facer unha valoración do cadro de xogadores e apuntar obxectivos para o reto que teñen por diante. 

Mantéñense só tres xogadores da temporada pasada: os irmáns Quintela e Lukovic. A boa campaña anterior fixo que xogadores como Musa, Bell Haynes, Kalinoski ou Iván Cruz se revalorizasen e marchaxes a proxectos máis ambiciosos no aspecto económico. 

Para suplilos chegan Hollatz, Momirov, Nenadic, Bamforth, Happ, Brajkovic e Arteaga. Falta unha peza por chegar ata que comece a previa da competición europea. 

Na pretemporada hai previstos dous partidos; contra o Porto en Foz (28 de agosto) e contra o Bilbao (10 de setembro). Logo xogarán a Copa Galicia (do 15 ao 17 de setembro) na que se medirán ao Ourense na semifinal. E o 20 de setembro terán que afrontar en Serbia a Basketball Champions League. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade