Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evenepoel é o novo líder da Volta a España tras a primeira etapa de montaña

Evenepoel é o novo líder da Volta a España tras a primeira etapa de montaña

Jay Vin venceu na sexta etapa da Volta a España con chegada no alto do Pico Jano, en Cantabria

G24.gal 25/08/2022 17:29 Última actualización 25/08/2022 17:56

Jay Vin venceu na sexta etapa da Volta a España celebrada este xoves con saída en Bilbao e a primeira chegada no alto da competición, ao Pico Jano de San Miguel de Aguayo, en Cantabria. O ciclista australiano do equipo Alpecin-Deceuninck encarou a subida ao último dos tres portos do percorrido deste xoves cunha distancia de menos de 30 segundos cos seus perseguidores máis próximos e cun esforzo encomiable, conseguiu aguantar ata o final para coroar o porto en primeiro lugar. O clima adverso da primeira etapa de montaña da Volta fíxose notar con néboa e choiva durante case toda a carreira.

Xusto por detrás de Vin chegaron Evenepoel, que consegue a camisola vermella de lìder, e Enric Mas, que lanzou a un ataque valente e estivo moi preto de dar caza ao gañador da etapa, que quedou a 16 segundos. O español Juan Ayuso tentou empolicarse á persecución pero quedou a 58 segundos do gañador, por detrás da parella que completa o podio da etapa.

Primoz Roglic, que cedeu na xornada do mércores a camisola vermella, quedou a máis dun minuto de Vin, 1m 37s, e terminou en quinta posición. O actual líder da carreira despois das seis primeiras etapas é Remco Evenepoel, cunha distancia de 21 segundos sobre o francés Rudy Molard, 28 sobre Enric Mas, un minuto e un segundo sobre Roglic e 1m 12s sobre Juan Ayuso.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos