Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renfe reforza as conexións entre Santiago e Vilagarcía

Renfe reforza as conexións entre Santiago e Vilagarcía

Amplía en sete servizos e 6.440 prazas semanais as conexións entre as dúas cidades

G24.gal 28/03/2023 14:44 Última actualización 28/03/2023 15:46

Renfe reforza a conexión ferroviaria entre Santiago e Vilagarcía con sete novas frecuencias semanais. Con este reforzo aumentan a 23 as conexións entre semana, e a 22 as opcións para viaxar sábados e domingos.

Así, para viaxar entre Santiago e Vilagarcía, estréanse dous rexionais -ás 11:00 e ás 18:00-, e un novo tren a Vigo ás 22:00, con parada en Vilagarcía. Ademais, o tren das 15:00 pasa a ter frecuencia diaria. 

Para viaxar de Vilagarcía a Compostela, súmanse dous trens ás 12:00 e ás 20:35. Tamén pasa a ser diario o das 7:46, que só había en días laborables. 

Son 6.440 prazas semanais, que aumentan máis dun seis por cento a oferta nos servizos do eixo atlántico ferroviario. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade