Reny Picot prevé comezar xa a remodelación da fábrica de Outeiro de Rei para facer queixos
Reny Picot prevé comezar xa a remodelación da fábrica de Outeiro de Rei para facer queixos
A láctea asturiana anima a facer máis explotacións de leite, a ter máis vacas, por mor da demanda
O fundador de Industrias Lácteas Asturianas (Reny Picot), Francisco Rodríguez, di que tiñan unha débeda con Galicia tras 50 anos recollendo leite aquí e que van saldala
A multinacional leiteira asturiana Reny Picot vai comeza de inmediato a remodelación da fábrica que comprou en Outeiro de Rei, onde prevé empezar axiña a facer queixos. Así llo confirmaron os directivos da empresa ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha visita este martes á planta.
O fundador de Industrias Lácteas Asturianas (Reny Picot), Francisco Rodríguez, di que tiñan unha débeda con Galicia tras 50 anos recollendo leite aquí e que van saldala. Tamén pide axuda contra o que chama "competencia con vantaxe, porque detrás están as rendas agrarias".
O presidente da Xunta e o alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo, prometen apoio. Alfonso Rueda recalca que o "outro branco de Galicia" debe de deixar o valor engadido aquí.
"A nosa intención é chegar no ano 2025 a que o 75 % do leite que se produce aquí se transforme en Galicia", dixo Rueda.
A láctea asturiana anima a facer máis explotacións de leite, a ter máis vacas, por mor da demanda.