Respiro para Biden coa aprobación polo Congreso dos Presupostos, reducidos á metade
Respiro para Biden coa aprobación polo Congreso dos Presupostos, reducidos á metade
O orzamento final é de 1,2 billóns de dólares
A aprobación polo Congreso dos Estados Unidos do seu gran plan de infraestruturas de 1,2 billóns de dólares dálle un respiro a Biden. Trátase dun paquete coa intención de modernizar o país. Supón un dos maiores investimentos públicos desde os tempos da Gran Depresión.
Supuxo meses de debate do Partido Demócrata e pon de manifesto a ruptura interna. Biden apela á unidade a meses das eleccións de "medio mandato".
O "Washington Post" informa de que o propio Biden tivo que chamar en dúas ocasións á dobre xuntanza de demócratas no Capitolio para que "entraran en razón" e lle deran o visto e prace a súa enésima proposta de presuposto para os próximos anos nos Estados Unidos.
O acordo votado pasou de 3,5 billóns de dólares iniciais a 1,2 billóns. É menos da metade.
Perden os investimentos sociais, gañan as infraestruturas
Tras a tensión que se mantivo ata o último momento, 13 republicanos votaron a favor do presuposto, mentres un grupo de demócratas mantiñan a súa oposición. Así foron 228 votos a favor e 206 en contra.
Caen das contas o imposto aos ricos, o financiamento da gratuidade completa do ensino ou programas para subvencionar vivendas.
Agora Biden debe asinar o plan para ser lei. Prevé o financiamento de novos proxectos de infraestruturas para os próximos cinco anos por 550.000 millóns de dólares, que se van destinar a mellorar estradas e pontes ou sistemas de enerxía e de transporte público.
Trátase do maior investimento en infraestruturas en décadas nos Estados Unidos.
Materia socio sanitaria
O programa Medicaid fortalécese para axudar ás persoas vulnerables que quedaron excluídas da expansión do programa en todo o sur por batallas partidistas. Bríndalle aos maiores e incapacitados con baixos ingresos máis opción para permanecer fóra dos asilos de anciáns con apoio nos fogares.
Dálle 12 meses de cobertura de Medicaid tras o parto ás mulleres con baixos ingresos.
Pero perde o Medicare sen consenso entre os demócratas. Desaparece a gratuidade dos medicamentos ou o tope do prezo dos mesmos nos hospitais públicos.
Horas despois da aprobación Biden apelou á unidade. Quere agor aunificar as bases do partido demócrata.