Publicador de contidos
Publicador de contidos

Responsables de persoal de 60 empresas galegas estudan como atender os aspectos emocionais

Responsables de persoal de 60 empresas galegas estudan como atender os aspectos emocionais

A xornada, organizada por Adecco, aborda o cambio nas relacións laborais

G24.gal 16/04/2024 14:08

Sesenta directores de recursos humanos dalgunhas das principais empresas galegas reúnense en Santiago para debateren como adaptarse ao cambio nas relacións laborais. Din que, tras a pandemia, a motivación e o coidado da saúde emocional dos traballadores ten máis importancia, e que por iso cómpre unha nova cultura empresarial.  Están de acordo en que hoxe son os empregados os que escollen onde traballar.

"Do sector tecnolóxico, do sector sanitario e todo o que ten que ver con perfís de oficios... Atopar un bo soldador ou un bo fontaneiro hoxe é unha tarefa complicada", explica José Oreiro, o director de Adecco en Galicia. 

Hai menos paro e moitas empresas que teñen dificultades para captar e fidelizar os seus traballadores. "O empregado hoxe ten a posibilidade de escoller. Entón si que é certo que un empregado vai estar máis a gusto nunha empresa que o coida, que o forma e que o capacita", engade o responsable de Adecco en Galicia. 

Por iso nestas xornadas os responsables dos departamentos de RR. HH. falan de cambiar os estilos de liderado: de xefes que vixían a xefes que inspiran e que son quen de recoñecer o talento dentro da organización e de ver valor na diversidade. As boas prácticas pasan tamén por escoitar o cadro de persoal.

 "Na participación activa que pode ter un empregado dentro da empresa non só quere que o escoiten, quere que o escoiten para poder facer cousas", José Oreiro, dixo  o director de Adecco en Galicia.

Aseguran que calquera empresa que queira ter futuro debe facerse máis aberta e máis democrática nas súas decisións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar