Publicador de contidos
Publicador de contidos

A hostalería galega comeza a Semana Santa sen restricións pola covid-19

A hostalería galega comeza a Semana Santa sen restricións pola covid-19

Só se mantén a norma estatal de usar a máscara nos espazos interiores

G24.gal 09/04/2022 12:50

Galicia dá un paso decisivo de cara á normalización e comeza a Semana Santa sen restricións pola covid-19 na hostalería. Só se mantén o uso obrigado da máscara nos espazos interiores, unha norma estatal que se vai eliminar o vindeiro 20 de abril.

Dende a medianoite, restaurantes, bares e cafeterías traballan sen limitación de comensais por mesa. A orde, que estipulaba un máximo de 10 persoas dentro e de 20 fóra, queda sen efecto.

Arestora, só permanece en vigor a necesidade de presentar o certificado da covid para acceder a hospitais, residencias e centros sociosanitarios. Polo momento, será obrigatorio ata o 23 de abril.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar