Cargando resultados...
Retírase Borja Golán, o mellor xogador galego de squash de todos os tempos
Retírase Borja Golán, o mellor xogador galego de squash de todos os tempos
O amesán logrou 17 campionatos de España, foi dúas veces campión de Europa e chegou ao número 5 da clasificación mundial
G24.gal
11/05/2023 19:44
O mellor xogador español e galego de squash de todos os tempos, o galego Borja Golán, anunciou a súa despedida das pistas.
Aos seus 40 anos, e tras 22 como xogador profesional, Golán di adeus tras unha carreira chea de éxitos. O xogador de Ames logrou 17 campionatos de España, 16 deles de xeito consecutivo. Foi dúas veces campión de Europa e acumula 33 títulos do circuito PSA. Ademais logrou ocupar o quinto posto no ranking de squash mundial. Unha referencia no deporte as dúas últimas décadas.