Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rexistrados 25 mortos no sueste de Brasil pola forte chuvia

Rexistrados 25 mortos no sueste de Brasil pola forte chuvia

O Río de Xaneiro e Espírito Santo continuaban este domingo en "estado de alerta"

Estragos causados pola forte chuvia preto do Río de Xaneiro (Reuters) Estragos causados pola forte chuvia preto do Río de Xaneiro (Reuters)
G24.gal 24/03/2024 21:58

Cando menos 25 persoas faleceron pola intensa chuvia que está a castigar o sueste de Brasil, onde fontes oficiais confirmaron outros trece decesos no estado de Espírito Santo. A causa das mortes foron por esvaramentos de terras que arrastraron vivendas situadas en zonas de alto risco.

As tempestades desatáronse ao longo da noite do pasado venres e afectaron diversas zonas do sueste do país, aínda que mantiveron unha especial incidencia na rexión situada a uns 100 quilómetros da cidade do Río de Xaneiro.

A pesar de que a chuvia xa cesou, O Río de Xaneiro e Espírito Santo continuaban este domingo en estado de alerta e as autoridades mantiñan acuartelados os membros do corpo de Bombeiros e Defensa Civil.

O servizo meteorolóxico alertou de que os temporais podían estenderse a outras zonas do sueste de Brasil, como aos estados de São Paulo e Minas Gerais, pero, aínda que choveu nesas rexións, a intensidade non foi a que estaba prevista e non se rexistraron vítimas nin danos materiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade