Reynders insiste en que Bruxelas aínda ten preguntas para o Goberno sobre a lei de amnistía

A avaliación final sobre o texto non chegará ata que a lei de amnistía remate a súa tramitación parlamentaria

O comisario europeo de Xustiza Didier Reynders na súa chegada ao Consello de Xustiza que ten lugar hoxe en Bruxelas
G24.gal 04/12/2023 10:29

O comisario europeo de Xustiza Didier Reynders insistou este luns en que aínda non despexou as súas dúbidas sobre a lei de amnistía, e por tanto continuará o "bo diálogo" co Goberno español. Reitera que a avaliación da Comisión sobre o texto non chegará ata que a lei remate a súa tramitación parlamentaria, porque polo momento descoñécese cal será a forma final da lei.

"Por suposto que teño preguntas", admitiu Reynders na súa chegada ao Consello de Xustiza que se celebra este luns en Bruxelas e ao que tamén asiste o ministro español de Presidencia Félix Bolaños.

Ambos tiveron un encontro o pasado xoves que finalizou con impresións dispares. Bolaños afirmou que Bruxelas expresou "cero preocupación" pola lei da amnistía, un feito que nega Bruxelas, xa que afirmou o venres que a análise da lei continúa en marcha. Pola súa parte, Reynders evitou confirmar se existe preocupación na Comisión.

Co obxectivo de rebaixar o clima de tensión derivado desas declaracións, o comisario ironiza con que "non hai o mesmo clima en España e en Bruxelas".

"O voto final espérase para o primeiro trimestre do ano, así que temos tempo", finalizou Reynders.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade