Ricardo Ten inaugura o medalleiro español
Ricardo Ten inaugura o medalleiro español
O valenciano acadou o bronce en ciclismo adaptado, en persecución masculina
É a primeira medalla para a delegación española nos Xogos Paralímpicos de París
Non tardou en chegar a primeira. Ricardo Ten foi o máis rápido na final polo bronce en persecución masculina, e o ciclismo convertese no deporte que lle da o primeiro metal a España en París. Despois de non poder optar ao ouro, Ten asegurou a presea cunha grande actuación na final B.
O ciclista valenciano, que antes fora nadador, disciplina na que logrou sete medallas olímpicas dende Atenas 1996, fai historia e domina a súa actual disciplina. Fora da auga, e subido á súa bicicleta, o deportista demostrou que tamén é moi rápido sobre a pista e fíxose co bronce.
É a primeira, que chega no día inaugural da competición paralímpica. Na fronte, moitas opción de medallas, xa hoxe, con once opcións en natación, das cales dúas son galegas. Jacobo Garrido e Juan Ferrón poden asegurar as primeiras medallas galegas esta tarde.