Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ricky Rubio: "Estiven na escuridade, pero traballando e con axuda sáese"

Ricky Rubio: "Estiven na escuridade, pero traballando e con axuda sáese"

O 9 asegurou que está "a disposición" de Grimau para debutar o venres como azulgrá contra o Mónaco

Foto EFE
G24.gal 26/02/2024 15:44 Última actualización 26/02/2024 15:47

O base internacional español Ricky Rubio quixo mandar este luns, durante a súa presentación oficial como xogador do Barça, unha mensaxe a todos aquelas persoas que, como el, sofren ou sufriron problemas de saúde mental, ao afirmar que "traballando e con axuda sáese desta escuridade".

"Por tres meses, para min o baloncesto acabara para sempre, pero no último mes e medio traballei para chegar a este punto. Espero axudar á xente que está a pasar por este momento. Estiven na escuridade, pero traballando e coa axuda necesaria de profesionais, ao final sáese", explicou o base sobre a súa decisión de abandonar a NBA para recuperar a súa saúde mental e, meses despois, fichar polo Barça.

Rubio foi presentado este luns no Auditori 1899, nas inmediacións do Spotify Camp Nou, nun acto que contou coa participación do presidente do FC Barcelona, Joan Laporta, e do directivo responsable da sección de baloncesto, Josep Cubells.

O 9 asegurou que está "á disposición" de Grimau para debutar o venres como azulgrá contra o Mónaco se o considera oportuno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade