Ringleiras de clientes, á busca dun décimo poucas horas antes do sorteo de Nadal
Ringleiras de clientes, á busca dun décimo poucas horas antes do sorteo de Nadal
As administracións poderán vender lotaría ata o sábado ás dez da noite
As administracións de lotaría están a traballar sen descanso a poucas horas do sorteo de Nadal. Hai quen aínda non ten ningún décimo. E outros que percorren quilómetros á busca da sorte.
"Non tiña lotaría. E vin mercar para a empresa e tamén para a familia", di un cliente.
"Veño desde A Pobra do Caramiñal ata aquí. A ver se A Coruña reparte un pouco de sorte este ano", conta outro.
Nas administracións de lotaría coinciden e que as vendas este ano superaron as expectativas. Aseguran que este ano as persoas están buscando como tolas números de lotaría, chegando incluso a venderse en liña.
Os números favoritos son como é tradicional os impares. Pero tamén as datas importantes na vida de cada xogador, como poden ser os nacementos ou outros acontecementos.
Pero a poucas horas do sorteo tamén hai quen segue o impulso dunha corazonada. "Escoitei na televisión que ía tocar o 74 e vouno coller por se acaso".
Pero o certo é que todos os números van ao bombo dos premios. E quedan tan só unhas horas para que os nenos de San Ildefonso canten ese décimo que nos pode chegar a cambiar a vida.