Publicador de contidos
Publicador de contidos

Roberto Blach Jr. logrou en Croacia o seu primeiro podio a nivel mundial

Roberto Blach Jr. logrou en Croacia o seu primeiro podio a nivel mundial

Blach: "Foi o rally máis duro da miña vida, pero vimos que podemos loitar cos mellores"

Foto Roberto Blach Jr.
G24.gal 27/04/2023 16:01 Última actualización 27/04/2023 16:07

Primeiro podio a nivel mundial da súa traxectoria deportiva para Roberto Blach Jr., quen acompañado polo tamén arteixán Mauro Barreiro, conseguiu completar a segunda cita do FIA Junior WRC disputada en Croacia esta fin de semana. Un podio que ten un sabor especial ao ser a dupla arteixá a máis rápida en tres das especiais celebradas, ademais de marcar o segundo mellor tempo en catro tramos.

"Foi o rally máis duro da miña vida, pero vimos que podemos loitar cos mellores. O obxectivo é aprender".

Unha fantástica actuación para o equipo do Rally Team Spain no certame mundial destinado ás novas promesas dos rallys.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade