Roberto Cibeira anuncia que non seguirá como presidente do Leyma Coruña
Roberto Cibeira anuncia que non seguirá como presidente do Leyma Coruña
Avanzou que o club deberá acometer unha ampliación de capital que rozará os dous millóns de euros
Roberto Cibeira anunciou este xoves que non terminará a tempada 2024-25 como presidente do Leyma Básquet Coruña, xa que tomou a decisión de non presentarse á reelección na Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas que se celebrará a finais de ano.
"Chegamos onde tiñamos que chegar e deixamos o club cun proxecto de futuro e sen débedas. Non me vou a presentar, a decisión está tomada", manifestou o empresario durante un almorzo informativo.
Cibeira, ademais, avanzou que o club deberá acometer unha ampliación de capital que roldará os dous millóns de euros para cumprir coa esixencia de xogar na liga Endesa de baloncesto.
"Isto non é un tema de sentimento, o ano pasado xa o anunciei na asemblea de accionistas. Estou seguro de que haberá xente que se presente, agora é un proxecto moi atractivo", explicou o empresario, que leva once anos no club coruñés e seis como presidente.