Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rodrigo Conde loitará polas medallas no Europeo de Múnic

Rodrigo Conde loitará polas medallas no Europeo de Múnic

A parella española do dobre scull meteuse na final co mellor tempo da súa semifinal

G24.gal 13/08/2022 10:26

O moañés Rodrigo Conde, que compite a carón de Aleix García no dobre scull, pelexará polas medallas no Europeo de Múnic de remo. Xa se meteran na semifinal asinando un gran tempo e na penúltima rolda volveron esnaquizar o cronómetro marcando o mellor tempo con 6:33.71. 

O equipo español sacoulle tres segundos a Serbia e cinco a Lituania, os outros dous botes que conseguiron clasificarse para a final A. Na outra semifinal conseguiron o pase as parellas de Croacia (6:35.99), Grecia e Italia e ningún dos equipos conseguiu rebaixar os tempos que marcaron os españois. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade