Cargando resultados...
Rodrigo Corrales aspira a mellorar en París o bronce de Toquio
Rodrigo Corrales aspira a mellorar en París o bronce de Toquio
O porteiro da selección de balonmán descansa en Cangas antes de afrontar a preparación
G24.gal
27/06/2024 22:03
Atopamos a Rodrigo Corrales no pavillón do Gatañal, nos seus corredores colgan algunhas das camisetas do porteiro de Cangas. O porteiro volveu a casa antes de afrontar a última fase da preparación para os Xogos.
Hai tres anos en Toquio España gañou o bronce. Agora chega a París avalada polos resultados das últimas competicións e situada entre as grandes aspirantes. Ten ganas Corrales de volver a París. O porteiro ocupou a meta do PSG durante tres temporadas.