Rodrigo Corrales estará nos Xogos coa selección española de balonmán
Rodrigo Corrales estará nos Xogos coa selección española de balonmán
O porteiro de Cangas foi titular no partido que pechou o preolímpico e que gañou España diante do Brasil (28-26)
O porteiro cangués Rodrigo Corrales terá a posibilidade de estar nos Xogos Olímpicos de París despois de gañar diante do Brasil (28-26) e sumar un pleno de triunfos no preolímpico que se disputou en Granollers.
Corrales xa estivo na lista de Tokio onde logrou a medalla de bronce pero a presenza non estaba, nin moito menos, garantida para París despois dun mal Europeo. Alí non estivo Corrales, que tivo que renunciar para recuperarse dunha doenza.
Pero este preolímpico devolveu a parella habitual de porteiros e, xunto a Gonzalo Pérez de Vargas, formaron unha parella insuperable. Os de Jordi Rivera volveron atopar os seus sinais de identidade cunha boa portería, defensa sólida co regreso de Gedeón Guardiola, e ataque rápido.