Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouba nunha xoiería de Bertamiráns facéndose pasar por cliente

Rouba nunha xoiería de Bertamiráns facéndose pasar por cliente

Pediu ver unhas cadeas de ouro e saíu correndo co mostrario

G24.gal 26/04/2024 15:35

A policía busca o responsable do roubo nunha xoiería de Bertamiráns. Fíxose pasar por un cliente interesado en certos produtos e escapou con eles en cuestión de segundos.

Tranquilamente, contra as 6 da tarde, entrou nunha xoiería céntrica e pediulle ver ao dependente unhas cadeas de ouro. O empregado amosoulle unha manta con cadeas de moito valor. Pouco tempo as mirou. Agarrou a manta coas xoias e aproveitou un pequeno movemento do xoieiro cara á parte de atrás do establecemento e saíu correndo da tenda co produto.

O propietario decatouse e saíu tras o ladrón. Pouco puido facer, xa que escapou entre a xente. As cámaras do interior do local gravaron claramente a súa identidade.

A súa imaxe coidada nunca lle deu por malpensar ao xoieiro.

A Policía Local de Bertamiráns está a revisar as imaxes das cámaras da rúa. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade