Rubén de la Barrera anuncia que Alberto Quiles xogará en Pasarón
Rubén de la Barrera anuncia que Alberto Quiles xogará en Pasarón
O reto de Rubén de la Barrera é reforzar a mentalidade gañadora cara aos playoff
Ensaio xeral para a fase de ascenso. O Deportivo quere pasar revista en Pasarón ás súas mellores calidades para os catro partidos finais da tempada en que se xogará o retorno a Segunda División. Rubén de la Barrera chamou os seus futbolistas para insistir na mentalidade gañadora que debe caracterizar a este equipo, á vez que confirmou que un dos seus mellores xogadores, Quiles, volverá xogar tras a grave lesión que sufriu o pasado 30 de abril en Córdoba.
"Cero riscos en Pasarón cos apercibidos, pero Quiles pode estar. Ten a alta médica. Vai ter minutos seguro. Xa veremos se de inicio ou logo", sinalou o adestrador coruñés.
O reto de Rubén de la Barrera é reforzar a mentalidade gañadora cara os 'playoff'
"Máis importante que ser terceiro é recuperar o espírito gañador do equipo".
O técnico coruñés, recoñeceu as súas dúbidas acerca de que Pablo Martínez poida xogar este sábado.