Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rubo: "É o debut soñado. Foi cen por cento efectividade"

Rubo: "É o debut soñado. Foi cen por cento efectividade"

A nova fichaxe do Somozas chegou e bicou o santo cos dous tantos da remonta

G24.gal 15/01/2022 20:46

A fichaxe máis mediática da Terceira Galega xa da resultados. Rubo, o ariete asinado polo Somozas esta semana debutou da mellor maneira posible. Saíu no descanso co seu equipo perdendo e anotou os dous tantos que lle permitiron ao conxunto de Ferrolterra vencer ao Arnoia. 

"É o debut soñado, a pesar de levar poucos días aquí, sentinme cómodo co equipo e eles entenderon o que son, un home de area. Puxéronme balóns. A efectividade é cen por cento, pero polo que estou máis contento é pola vitoria. Vin a Galicia, que xa tocaba, polo proxecto de ascenso que ten o Somozas".

Coñecido nos últimos tempos polas súas aparicións televisivas en espazos como 'La isla de las tentaciones' o 'Mujeres, Hombres y viceversa', Rubo reivindica o seu papel e traxectoria como futbolista.

"Eu son xogador de fútbol, é o principal, é o que me da de comer. O outro é unha experiencia, magnífica, na que o pasei moi ben. Foi unha oportunidade que apareceu e aproveiteina".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos