Cargando resultados...
Rueda: "A intención é que as novas vacinas estean no calendario infantil este ano"
Rueda: "A intención é que as novas vacinas estean no calendario infantil este ano"
O Goberno galego ultima os trámites para incorporar as doses contra o papiloma humano, a gripe e o meningococo
G24.gal
28/05/2022 13:14
O Goberno galego ultima os trámites para incorporar ao calendario de vacinación infantil este ano as doses contra o papiloma humano, a gripe e o meningococo.
A Xunta celebra que a súa iniciativa tivera boa acollida no Estado, que podería asumir algunhas das propostas feitas por Galicia en materia de vacinación infantil.
"A nosa intención é que as tres estean en funcionamento este mesmo ano (...). A xente o que quere é que empece canto antes. Agora parece ser que o Estado nos vai seguir nalgunhas das propostas que fixemos das vacinas. Eu alégrome moitísimo", asegurou este sábado o presidente Alfonso Rueda.