Rueda acusa o Goberno de discriminar Galicia por non liberalizar a peaxe da AP-9
O presidente da Xunta cre que se produce un agravio comparativo con outras comunidades, xa que en Alacant anunciouse a gratuidade da AP-7 na circunvalación á cidade
O presidente da Xunta denunciou como "unha mostra máis de discriminación" a Galicia o feito de que o Ministerio de Transportes anunciara a gratuidade da AP-7 na circunvalación de Alacante, mentres descarta facelo na AP-9.
En declaracións tras unha visita ao Pazo de Lourizán, Alfonso Rueda dixo que non se pode "entender" a diferenza de trato, xa que a Xunta acaba de pedir que se liberalice un tramo de AP-9 de Vigo ata O Porriño, para despois enlazar coa autovía A-52, e a resposta foi "que de ningunha maneira".
Trátase de "unha mostra máis de discriminación", concluíu, antes de lembrar que, en todo caso, a promesa do PSdeG en campaña electoral foi a da "gratuidade total" para a AP-9, e agora "ninguén se acorda diso".