Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda agarda que o Goberno cumpra o compromiso de aprobar as bonificacións da AP-9

Rueda agarda que o Goberno cumpra o compromiso de aprobar as bonificacións da AP-9

O presidente da Xunta lémbralle a Sánchez que está pendente a transferencia desta infraestrutura 

Alfonso Rueda atendendo os medios de comunicación (EFE/Salvador Sas)
G24.gal 10/10/2024 14:17 Última actualización 10/10/2024 14:42

Alfonso Rueda agarda que o Goberno cumpra co compromiso de aprobar a semana que vén as bonificacións para as peaxes da AP-9.

Rueda lembra que está pendente a transferencia desta infraestrutura e pídelle a Pedro Sánchez que atenda o resto das demandas de Galicia. 

"Empecemos por aí e despois sigamos. Eu o outro día na entrevista con Pedro Sánchez deixeille moitas reivindicacións e dixo que as ía mirar cos ministerios, espero que isto sexa só o principio", asegurou o presidente da Xunta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade