Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta prevé contratar "a inmensa maioría" dos mir que traballaron no plan de reforzo estival

A Xunta prevé contratar "a inmensa maioría" dos mir que traballaron no plan de reforzo estival

Rueda agradece o esforzo este verán dos profesionais por garantir unha sanidade "excelente"

G24.gal 10/09/2024 14:47 Última actualización 10/09/2024 18:34

Os hospitais galegos realizaron este verán 1.400 operacións máis que o pasado, segundo datos da Consellería de Sanidade que presentou este martes o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun acto que se celebrou no Hospital do Salnés en recoñecemento aos profesionais.

Rueda destacou tamén que aumentaron un 6 % as asistencias en urxencias ao tempo que mantiveron o número de probas e consultas en Atención Primaria.

Entre as medidas extraordinarias do plan de reforzo de médicos deste verán está a creación dunha bolsa de médicos voluntarios para cubrir (á que se apuntaron máis de 300 profesionais); un programa de apoio dos facultativos do 061 ou a posibilidade de que os mir, os médicos residentes no seu cuarto curso de formación, puideran axudar os médicos de atención primaria á hora de pasar consulta (participaron 104 de medicina familiar e sete de pediatría).

A Xunta cualifica de éxito este plan e avanza que xa esta deseñando un plan de recursos humanos do Sergas, que aspira a contratar a maioría dos mir que traballaron este verán. Alfonso Rueda agradécelles aos 48.000 profesionais contratados cada día no Sergas estes meses o seu esforzo por facer unha sanidade pública galega unha sanidade excelente".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos