Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda anuncia 6,6 millóns para o campus de Ferrol tras renovar a acreditación de especializado

Rueda anuncia 6,6 millóns para o campus de Ferrol tras renovar a acreditación de especializado

O xefe do Goberno galego dixo que este orzamento vai permitir formar profesionais especializados nos sectores económicos do futuro, como as enerxías renovables

G24.gal 26/07/2024 14:32

O presidente da Xunta Alfonso Rueda avanzou este venres que o campus universitario de Ferrol vai recibir 6,6 millóns de euros ata o ano 2028 tras renovar a súa acreditación como campus industrial especializado. Nunha visita ás instalacións, o xefe do Goberno galego dixo que este orzamento vai permitir formar profesionais especializados nos sectores económicos do futuro, como as enerxías renovables.

O campus de Ferrol foi o primeiro de España en conseguir, no 2021, a acreditación de especializado, no seu caso na industria. Isto permitiu crear titulacións para profesionais que demandan as empresas da comarca. Entre elas, o reitor da Universidade da Coruña Ricardo Cao destacou o grao en Xestión Industrial da Moda ou os mestrados en Eficiencia Enerxética ou Deseño e Comercialización de Videoxogos.

Agora, tras pasar polo exame dun comité de avaliación externo, renova esa acreditación, o que supón que vai recibir 6,6 millóns de euros nos próximos catro anos, amais dos fondos que pode captar por esa distinción. O presidente da Xunta di que a especialización do campus contribuirá á revitalización económica da comarca e destaca os proxectos que se están impulsando en Ferrolterra en sectores como a eólica mariña ou o hidróxeno verde.

"As industrias do futuro van ter moita demanda e todo o que sexa seguir facendo esa transferencia de coñecemento á sociedade funciona sempre, e creo que por aí se teñen que orientar as universidades", afirmou Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos