Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta manterá o 50 % de desconto nos autobuses autonómicos para 2024

A Xunta manterá o 50 % de desconto nos autobuses autonómicos para 2024

Alfonso Rueda sinala que manterán este desconto "con independencia" do que faga o Goberno central e se decide manter as súas bonificacións deste ano ou non

G24.gal 20/12/2023 12:14

Alfonso Rueda anunciou este mércores que prorrogará o desconto do 50 % no transporte por autobús interurbano e metropolitano en Galicia para o ano que vén. A Xunta manterá os descontos "con independencia" do que faga o Goberno central, á espera de que tomen unha decisión respecto estas bonificacións.

Na última sesión de control ao Goberno no pleno do Parlamento deste ano, Rueda apuntou que a elección de Galicia como a primeira comunidade autónoma en aprobar o seu orzamento ten que ter utilidade inmediata. Sen resposta do que fará o Executivo central cos descontos do transporte, o presidente da Xunta sinalou que "a xente non pode seguir esperando".

Durante a súa intervención, non desvelou nada sobre a posible data electoral, a pesar de que os grupos da oposición auguran que esta será "a última sesión de control" non só do ano, senón desta lexislatura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade