Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda avanza que a Xunta humanizará a entrada a Poio dende Pontevedra no 2025

Rueda avanza que a Xunta humanizará a entrada a Poio dende Pontevedra no 2025

O presidente da Xunta fixo este anuncio durante a inauguración das obras de mellora do porto de Raxó

G24.gal 29/08/2024 14:47

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanza que a Xunta prevé comezar no 2025 as obras para humanizar a estrada PO-308 que conecta a entrada a Poio dende Pontevedra, á altura da ponte da Barca. Díxoo na inauguración este xoves das obras de mellora do porto de Raxó.

O obxectivo desas obras, que custaron 1 M (70% da Xunta e 30% do concello) era mellorar a seguridade viaria e a estética da contorna e renovar os servizos urbanos. O resultado é este, unhas instalacións portuarias máis integradas na vila, onde conviven actividade pesqueira e hostalería.

O presidente anunciou que a Xunta prevé comezar o ano que vén as obras para mellorar tamén a seguridade viaria na entrada a Poio dende Pontevedra, con máis espazo para os peóns. Rueda explicou que "intentarán" introducir este proxecto nos presupostos que están elaborando para o 2025.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade