Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda cualifica de "decepcionante" para Galicia o cumio hispano-luso

Rueda cualifica de "decepcionante" para Galicia o cumio hispano-luso

G24.gal 05/11/2022 13:55 Última actualización 05/11/2022 14:45

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cualifica de "decepcionante" para Galicia o resultado do cumio hispano-luso celebrado este venres en Viana do Castelo. En declaracións aos medios, Rueda criticou a "falta de preparación" deste encontro por parte do Goberno español.

O xefe do executivo galego lamenta que o tema central para Galicia "non merecera a atención" do Goberno español no cumio ibérico, e que na reunión do Pedro Sánchez con António Costa non se falara de prazos nin orzamento para a conexión por AVE con Portugal.

"O Goberno español non tiña ningunha intención nin ningunhas ganas e o resultado é decepcionante. É moi difícil dicir algo que poida aproveitarlle dese cumio a Galicia, dunha duración curtísima, e cunha falta de preparación evidente por parte do Goberno español a pesar de estar alí o presidente e tantos ministros e ministras", dixo o presidente da Xunta.

Destaca tamén Rueda que non se atendese a outra demanda prioritaria para o Goberno galego,  como lle fixo saber por carta o presidente a Pedro Sánchez: a aprobación dun estatuto para os traballadores transfronteirizos. 

"O que era, ademais, un compromiso do cumio anterior sálvase cunha guía de boas prácticas, que iso e nada é case o mesmo, cando había tempo para preparalo e esta era a ocasión", afirmou.

Para Alfonso Rueda, o resultado do cumio evidencia que Portugal lles dá máis importancia ás relacións transfronteirizas ca o Goberno español.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade