Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda dá por cumpridos os obxectivos dos seus primeiros 100 días de goberno e anima os seus a "manter o ritmo"

Rueda dá por cumpridos os obxectivos dos seus primeiros 100 días de goberno e anima os seus a "manter o ritmo"

O presidente da Xunta gábase de que puxeron en marcha o 100% das medidas comprometidas

G24.gal 19/07/2024 15:38 Última actualización 19/07/2024 20:07

En Galicia, o presidente da Xunta reuniu este venres na Cidade da Cultura todo o seu equipo para facer balance dos 100 primeiros días de Goberno. 

Alfonso Rueda gábase de que puxeron en marcha o 100% das medidas comprometidas.

Un a un, os conselleiros e conselleiras defenderon as medidas que puxeron en marcha neste arranque de lexislatura: plans de marisqueo e de recuperación de terra agraria, programas para fomentar o emprego feminino e facilitar a instalación de empresas, ou a ampliación do calendario vacinal infantil.

Alfonso Rueda reivindica o valor da palabra dada e defende que cumprirán as case 900 medidas do seu programa electoral.

O presidente da Xunta defende que Galicia é fiable para os investidores pola súa estabilidade, lonxe das improvisacións e mentiras, di, doutros territorios.

Rueda pídelle ao seu equipo que continúen traballando cos pés na rúa, con honestidade e ambición para que Galicia siga sendo, di, rerefente para outras comunidades autónomas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos