Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda pediralle a Ribera que ceda á Xunta a xestión dos fondos para axilizar proxectos

Rueda pediralle a Ribera que ceda á Xunta a xestión dos fondos para axilizar proxectos

O presidente da Xunta di que Galicia vai demandar os fondos europeos que necesitan as empresas galegas para os seus proxectos

G24.gal 08/11/2022 13:10 Última actualización 08/11/2022 20:05

O presidente Alfonso Rueda reúnese nunhas horas coa vicepresidenta terceira, Teresa Ribera, en Madrid.

Na xuntanza, Galicia vai demandar os fondos europeos que necesitan as empresas galegas para os seus proxectos. Rueda di que a comunidade cumpriu cos requisitos que pediu o Goberno e que o financiamento non dá chegado. O presidente galego pediralle á vicepresidenta que ceda á Xunta a xestión dos fondos para axilizar os proxectos.

"Irei con toda intención en nome de Galicia e, se me permiten a miña modestia, en nome de Impulsa, que é como dicir en nome de moito tecido empresarial galego, pedir que se aposte por aquilo que vale a pena apostar", afirmou o presidente da Xunta.

"O que queremos é simplemente certeza sobre o financiamento, sobre os prazos, sobre a confirmación de que aquilo que se nos dixo que había que facer está feito, e agora o que toca é seguir adiante, simplemente iso", subliñou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar