Rueda: "Hai máis argumentos que antes para resistir as presións dos independentistas"
Rueda: "Hai máis argumentos que antes para resistir as presións dos independentistas"
Rueda lamenta que Cataluña non teña "a estabilidade política" de Galicia
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agarda que o Goberno "tome nota" do resultado das eleccións en Cataluña e agarda que este sirva para "resistir" as presións dos partidos independentistas. Tras a reunión do Consello da Xunta deste luns, Rueda lamentou que Cataluña non teña "a estabilidade política" de Galicia.
En declaracións aos medios de comunicación, o xefe do Goberno galego felicitou ao candidato do PSC, Salvador Illa, e gañador dos comicios e celebrou o resultado do candidato do PP á presidencia da Generalitat, Alejandro Fernández. Apuntou tamén que o acontecido en Cataluña demostra o difícil que é conseguir unha maioría absoluta como a dos populares galegos o pasado 18 de febreiro.
Alfonso Rueda destacou que en Cataluña queda un escenario "moi aberto" e que o "primeiro que se adiviña é esa inestabilidade que non temos en Galicia", dixo.