Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda pon o novo centro integral de saúde de Lalín como exemplo "dunha sanidade máis próxima"

Rueda pon o novo centro integral de saúde de Lalín como exemplo "dunha sanidade máis próxima"

A Xunta de Galicia investiu nel máis de 13 millóns e medio de euros

Vai evitar desprazamentos a máis de 35.000 veciños da comarca do Deza 

Alfonso Rueda, durante a inauguración do novo centro
G24.gal 10/10/2024 20:59

Lalín e a comarca do Deza terán un novo centro integral da saúde a vindeira semana. O presidente da Xunta participou este xoves na inauguración das instalacións, que puxo como exemplo "dunha sanidade máis próxima".

O centro ofrecerá servizos como cardioloxía, rehabilitación cardíaca e cirurxía ambulatoria. Alfonso Rueda destacou que vai evitar desprazamentos a máis de 35.000 veciños da comarca do Deza. 

Durante a súa intervención no acto, Rueda incidiu en que se trata dun edificio "moderno, amplo, accesible e ben equipado" que, ademais, reflicte "o esforzo" da Xunta "por mellorar a calidade de vida de todos os galegos independentemente do lugar en que vivan".

"Este é o segundo centro integrado que vai funcionar. O primeiro está en Lugo, outro en construción avanzada en Vigo, doutro acabamos de aprobar os trámites para facelo en Ourense. Polo tanto Lalín é o segundo de Galicia despois dunha capital de provincia", engadiu.

As novas instalacións permitirán unificar nun mesmo edificio o centro de saúde, o punto de atención continuada e os servizos de emerxencias do 061.   

O centro comezará a funcionar o próximo luns. A Xunta investiu nel máis de 13 millóns e medio de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos