Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda proporalle ao Goberno axilizar os PERTE e que as autonomías tramiten os fondos

Rueda proporalle ao Goberno axilizar os PERTE e que as autonomías tramiten os fondos

O presidente da Xunta reúnese este martes coa vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera

G24.gal 07/11/2022 16:26

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reúnese este martes coa vicepresidenta e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera. Alfonso Rueda pediralle que se axilicen os trámites para parques eólicos e que se acelere a chegada dos fondos europeos. 

Rueda exporá a necesidade axilizar a tramitación dos Pertes, que contan con financiamento dos fondos Next Generation e, ante a "falta de ritmo de execución" destes, darlle ás autonomías a posibilidade de tramitalos.

Será un dos temas que abordará no encontro que manterá con Ribera, que espera que sexa unha reunión "útil" para abordar a execución destes fondos e a "incerteza e falta de resposta" do Goberno sobre cando vai chegar o financiamento para os proxectos previstos.

Sobre a mesa estará ademais a tramitación de varios proxectos eólicos en Galicia que pola súa potencia, máis de 50 megawatios, corresponde ao Goberno central, como os tres parques que a Xunta apoia para fornecer electricidade á planta de aluminio de Alcoa en San Cibrao para cando recupere a súa actividade.

Ademais, Rueda vai explicar á ministra as razóns da Xunta para iniciar o trámite dunha lei de ordenación do litoral autonómica ante unha normativa estatal que "pon en cuestión a actividade económica sostible" na costa galega, segundo explicou o presidente da Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade