Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda reúnese coa presidenta da Comisión Europea o próximo 27 de marzo en Bruxelas

Rueda reúnese coa presidenta da Comisión Europea o próximo 27 de marzo en Bruxelas

Úrsula von der Leyen recibirá o presidente da Xunta para tratar asuntos prioritarios para o presente e o futuro de Galicia

Será o primeiro presidente dunha comunidade autónoma española que manteña un encontro institucional coa máxima representante dunha das principais institucións da Unión Europea

O presidente da Xunta nunha rolda de prensa en Ajuria Enea o 13 de marzo de 2023 3n Vitoria O presidente da Xunta nunha rolda de prensa en Ajuria Enea o 13 de marzo de 2023 3n Vitoria
G24.gal 19/03/2023 12:27 Última actualización 19/03/2023 12:44

A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, recibirá o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para abordar asuntos prioritarios para o presente e o futuro de Galicia. O encontro terá lugar na sede da Comisión Europea, en Bruxelas, o próximo 27 de marzo.

O Goberno galego destaca que Rueda é o primeiro presidente dunha comunidade autónoma española que manteña un encontro institucional coa máxima representante dunha das principais institucións da Unión Europea.

Detalla ademais que entre os asuntos que Rueda vai tratar con Von der Leyen figuran nun lugar preferente o futuro da pesca galega e a xestión dos fondos europeos, entre outras cuestións nas que a Comisión Europea saberá de primeira man a posición da Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade