Rusia e Ucraína retomarán as negociacións de paz en Turquía
Rusia e Ucraína retomarán as negociacións de paz en Turquía
Zelenski insiste en que a retirada das tropas rusas é condición indispensable para alcanzar un acordo
Á espera de que os negociadores de Rusia e Ucraína volvan reunirse, esta vez en Istambul, o presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, mostrouse disposto a negociar con Moscova un status de neutralidade para o seu país, que debería ser garantido pola comunidade internacional e sometido a referendo.
Zelenski insistiu en que a retirada das tropas rusas é condición indispensable para que Ucraína renuncia a integrarse na OTAN.
A nova rolda de negociacións debería prologarse ata o mércores e o anfitrión, o Goberno turco, agarda que poida rematar nun acordo que poña fin a 32 días de combates.
Un achegamento de posturas en cuestións clave sería fundamental para propiciar un encontro entre Vladimir Putin e Zelenski, asegurou o ministro ruso de Exteriores, Sergei Lavrov.
Sobre o terreo, non hai modificacións importantes e o peor segue estando na asediada Mariupol, no sur de Ucraína, onde as tropas rusas intentan conseguir o control do porto.
O alcalde dixo que os 160.000 civís que permanecen na cidade carecen dos subministros básicos e que o 90 por cento do edificios están danados.
As autoridades ucraínas renunciaron a establecer este luns corredores humanita para evacuar os civís das cidades sitiadas ao non poder garantir a súa seguridade.